Física Xeral

Libro: Física Xeral
Autor: Antón Castelo Santaballa
Editorial: Do Castro

Escribo este libro co propósito de ofrecerlles un texto de Física na súa lingua ós estudantes galegos.
O contido penso que é totalmente axeitado pra estudantes de COU, pois ven ser o único texto, deste nivel, que responde compridamente ó programa de Física de COU da Universidade de Compostela.
Algúns dos derradeiros temas, a máis de teren un nivel superior, o que, coido, convén esixir en COU, non pertencen ó temario actual de Física de COU, como p. ex. <Termodinámica e Mecánica Estadística>, <Teoría da Relatividade> Fíxeno así, a mantenta, pensando nos alumnos de ciencias do primeiro curso das Escolar Técnicas. Facultades de Ciencias ou ben Colexios Universitarios, ós que tamén lles pode ser de proveito este texto.